Aberto o prazo de presentación de ponencias

Cluergal organizará en Ferrol, os días 24 e 25 de novembro, o V CONGRESO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA, ENERXÍAS RENOVABLES E NOVAS TECNOLOXÍAS (ENERDIXITAL 2022).
Este Congreso, que conta coa financiación da Deputación da Coruña, celébrase co obxectivo de ser un punto de encontro de investigadores e profesionais do sector enerxético en Galicia.
ENERDIXITAL abordará diferentes temáticas como as renovables, o aforro e eficiencia enerxética, o mantemento, a iluminación, a mobilidade eléctrica,… e en todas elas estará presente un vector da importancia da dixitalización.
Este 24 de outubro ábrese a convocatoria para a presentación de comunicacións. Para a súa aceptación farase unha selección por parte dun Comité Técnico de Expertos.
As comunicacións presentadas terán carácter científico, tecnolóxico ou divulgativo. Na súa valoración, a Comisión Técnica dará preferencia ás de carácter innovador, que presenten novidades científicas ou tecnolóxicas, actuacións emblemáticas ou que teñan incidencia relevante e tamén a súa compoñente TIC.
As propostas de traballos poden presentarse dende o 24/10 ata o 4/11 a través deste FORMULARIO.