Os congresistas de Enerdixital visitarán Navantia para coñecer o xemelgo dixital e a subestación 4.0

O Congreso ENERDIXITAL 2022, adicado á eficiencia enerxética, as enerxías renovables e as novas tecnoloxías, celébrase en Ferrol os próximos xoves 24 e vernes 25 de novembro. O evento está organizado polo Clúster das Enerxías Renovables de Galicia coa financiación da Deputación da Coruña.
En total celébranse 24 ponencias repartidas en catro sesións,
O xoves 24 pola mañá celébranse as dúas primeiras:
- DIXITALIZACIÓN DE REDES ELÉCTRICAS E SMART GRID
- XESTIÓN ENERXÉTICA DE EDIFICIOS E INDUSTRIAS
O vernes 25 pola mañá celébranse a terceira e cuarta sesión:
- TRANSICIÓN ECOLÓXICA E ENERXÍAS RENOVABLES
- DIXITALIZACIÓN DO SECTOR ENERXÉTICO E INDUSTRIAL
O xoves pola tarde os congresistas terán a oportunidade de visitar as instalacións de Navantia para coñecer o xemelgo dixital implantado pola compañía e o proxecto de subestación 4.0 no estaleiro de Ferrol (podes coñecer máis sobre este proxecto neste link).
Para asistir á visita é necesario facer una inscrición aparte (ver INSCRICIÓNS).
Pódese consultar o programa neste link: Programa ENERDIXITAL 2022