Aberto o prazo de presentación de ponencias para ENERDIXITAL 2023

Congreso sobre enerxía e dixitalización

Aberto o prazo de presentación de ponencias para ENERDIXITAL 2023

octubre 17, 2023 Enerdixital 0

Cluergal organizará na Coruña, os días 23 e 24 de novembro, o VI CONGRESO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA, ENERXÍAS RENOVABLES E NOVAS TECNOLOXÍAS (ENERDIXITAL 2023).

Este ano celébrase na sede do Instituto Tecnológico de Galicia, colaborador especial do evento, que conta novamente coa financiación da Deputación da Coruña.

O Congreso convertirase eses dous días no epicentro do sector enerxético e dixital de Galicia. A edición de 2022 celebrouse en Ferrol.

O Congreso abordará novamente temáticas coma renovables, aforro e eficiencia enerxética, mantemento, iluminación ou movilidade eléctrica a través de proxectos e solucións cunha compoñente relacionada coa dixitalización.

As comunicacións poden ter carácter científico, tecnolóxico ou divulgativo. A selección faina un Comité Técnico de Expertos. Na sua evaluación, dará preferencia a aquelas presentacións de carácter innovador, que aporten novedades centíficas ou tecnolóxicas, actuacións emblemáticas ou que teñan incidencia relevante no sector.

Pódese presentar proposta de ponencia dende o 17/10 ata o 30/10 a través deste FORMULARIO.

Enerdixital 2024
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.