Edición de 2022

Congreso sobre enerxía e dixitalización

ENERDIXITAL 2022

Celebrouse no Gran Hotel de Ferrol os días 24 e 25 de novembro de 2022.

O xoves 24 celebrouse o acto de inauguración. Nel participaron Oriol Sarmiento, xerente de Cluergal, Juan Ignacio Rodríguez, director de enerxía do Inega, Bernardo Fernández, deputado provincial da Deputación da Coruña e Ángel Mato, alcalde de Ferrol.

Ese mesmo xoves celebráronse as dúas primeiras sesións, adicadas á dixitalización de redes eléctricas e smart grids e á xestión enerxética de edificios e industrias.

Finalmente, ese día os congresistas realizaron unha visita ao estaleiro de Navantia en Ferrol. En concreto, coñeceron o xemelgo dixital e a subestación 4.0 construída recentemente nas súas instalacións.

As dúas últimas sesións celebráronse o venres 25. Adicáronse a transición ecolóxica e ás enerxías renovables e á dixitalización do sector enerxético e industrial.

O discurso de clausura estivo a cargo do presidente de Cluergal, José Ramón Franco.

Este foi o PROGRAMA de ponencias:

XOVES 24/11

09:00 RECEPCIÓN DE PARTICIPANTES

09:30 APERTURA INSTITUCIONAL

– Oriol Sarmiento, xerente do Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal).

– Juan Ignacio Rodríguez, director do departamento de enerxía de INEGA (Instituto Enerxético de Galicia).

– Bernardo Fernández Piñeiro, deputado da Deputación da Coruña.

– Ángel Mato, alcalde de Ferrol.

10:00 SESIÓN 1 – DIXITALIZACIÓN DE REDES ELÉCTRICAS E SMART GRID.

Modera: Pablo Fernández Soneira, Foro Enerxético de Galicia.

10:00 Xestión de infraestrutura eléctrica na industria. Santiago Rodríguez Constenla. Responsable de proxectos en Galicia de STM Voltia

10:15 Dixitalización de Redes Eléctricas. Luis Causo Diéguez. Comercial de Ingeteam.

10:30 Ecosistema de plataformas para unha Smart Grid. Gonzalo Veiras Carneiro. Coordinador Proxecto Traza+ en Applus+.

10:45 Telexestión de contadores elétricos e de agua. Iago Martínez Garrido. CEO de Edigal.

11:00 Dixitalización e Xestión Intelixente de Comunidades Enerxéticas. Eduardo Fontúrbel. Responsable de proxectos. Instituto Tecnológico de Galicia

11:30 PAUSA CAFÉ

12:00 SESION 2 – XESTIÓN ENERXÉTICA DE EDIFICIOS E INDUSTRIAS.

Modera: Raquel Maquieira, Foro Enerxético de Galicia.

12:00 Xestión enerxética y produción na industria. Gustavo Amann Fernández. CEO de CO2 Smart Tech.

12:15 Cómo contribuir á eficiencia enerxética dende o mantemento e a fiabilidade. Juan Carlos Galán. Customer Care Manager Iberia de I-Care Reliability Group.

12:30 Mantemento 4.0 un camiño hacia a eficiencia enerxética. Javier Basanta. Responsable de Mantenimiento.

12:45 Mantemento 4.0. Casos de éxito. Diego Sanjurjo. CEO de Imachine.

13:00 Solucións tecnolóxicas para o desenvolvemento, validación e implementación de Zonas de Baixas Emisións (ZBE), en base a parámetros de calidade do aire. David Valiño. Enxeñeiro Especialista Air Monitoring and Modelling de Suez.

13:15 Solucións centralizadas e tecnoloxías de integración e control en edificios. Silvia Fernández Pérez. Project Manager Área Norte de España de Eurofred Group.

13:30 O sector enerxético no contexto da FP. Viabilidade das prácticas. Marta Pérez Lozano. Asesora da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

16:30 VISITA A NAVANTIA. XEMELGO DIXITAL E SUBESTACIÓN 4.0

VERNES 25/11

10:00 SESIÓN 3 – TRANSICIÓN ECOLÓXICA E ENERXÍAS RENOVABLES.

Modera: Oriol Sarmiento Diez, xerente de Cluergal.

10:00 Transición ecolóxica: oportunidades de emprego e desenvolvemento económico para Galicia. Francisco Silva Castaño. Delegado de Iberdrola en Galicia.

10:15 Futuro enerxético e industrial da enerxía eólica en Galicia. José Manuel Pazo Paniagua. Presidente da Asociación Eólica de Galicia (EGA).

10:30 GLP, un sector en transformación. Laura Rodríguez Couce. Responsable Técnico de Primagas Energía.

10:45 Tecnoloxías pra limpeza y o enriquecimento do biogás para a producción de biometano. Almudena Justo Martínez. Business Development Manager de Suez.

11:00 Xeración distribuida, hibridación con renovables e seguridade de suministro no marco da transición enerxética. Alexander Blanco López. Director de I+D de Genesal Energy.

11:30 PAUSA CAFÉ.

12:00 SESIÓN 4 – DIXITALIZACIÓN DO SECTOR ENERXÉTICO E INDUSTRIAL.

Modera: Nonito Aneiros, secretario de Cluergal.

12:00 Dixitalización, clave na optimización enerxética e a transformación industrial de Repsol. Desiree Vivero Martinez/ Susana Benedicto Calpe. Enxeñeiro de Optimización e Control / Coordinadora Transformación Refinería de A Coruña de Repsol.

12:15 Xemelgo Dixital de Planta (Ría de Ferrol). David Roca Vilariño. Xefe de Mantemento Ría de Ferrol de Navantia.

12:30 Tecnoloxía AWES pra xeración de enerxía verde. Juan Sousa, Site Manager de CT Ingenieros.

12:45 Caso de éxito en monitorización e predicción con intelixencia artificial aplicada a plantas de xeración solar. Alfredo Ramos, director de R.

13:00 Dixitalización de activos industriais. Óscar Noguero, Director de I+D de Ghenova.

13:15 Dixitalización na xestión integral da agua en Narón. José Manuel Marcote Lago, Director Gerente COSMA SA.

13:30 Resolución de problemas enerxéticos a través de ferramentas dixitais. Manuel Ángel López Ferreiro. Responsable Eficiencia Enerxética de Reganosa Servicios, S.A.

13:45 CLAUSURA

– José Ramón Franco, presidente del Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal).

Pódese acceder aos vídeos das ponencias a través do canal de Cluergal en Youtube.

Pódese acceder neste link ao libro de ponencias.

Difusión en prensa do evento:

QUINCEMILLA VOZ DE GALICIAECONOMÍA EN GALICIAENERGÍA ESTRATÉGICA ESPAÑACÓDIGO CEROINGENIERÍA EN GALICIAINGENIEROS.ESDÍNAMO TÉCNICA